miércoles, 22 de junio de 2011

A Revancha do Lixo


Din elas que no recuncho disa fermosa aldea, el era como moi fchendoso de expoñer que ninguén o enganaba tan doado, así que quedara solteiro polo mesmo, non fora o Demo que algunha lagarta lle sacara os cartos que lle deixaran seus pais. Así que máis aló dos corenta atopábase so como a unha lebre. El chegáballe abondo o de coidar as cincuenta ovellas que guiaba para o monte a diario por mor da mantenza. Daquela xa facía uns anos, moito antes de que lle impuxeran dende o concello a cota das taxas do lixo, era quen de levabar sempre as súas desfeitas nunha bolsa para ciscalas coma sempre na mesma gabia, a que xa estaba abondosa de tanta merda ceibada o longo de tanto tempo. Alí había xa de todo, cousa que outros aproveitando o seu, e deixaban tamén alegremente con liberdade, e cando se terzaba e a cousa era máis grande, botaba man da carreta para carrexalo o que se terzara. E que endexamais collera de bo agrado aquilo de poñer no contedor que tiña preto da súa casa, todo o que carrexaba para o monte. O mesmo lle daba ciscar un fouciño vello, que un paraugas desgaxado, como unha pila de ladrillos esmagados, ferros, caldeiros, a bicicleta rota, ou os zapatos que xa non lle valían. De xeito que aquilo fora medrando desproporcionadamente sen acougo e case que con dereito absoluto do persoeiro, e aínda que fora advertido o que lle podería caer se seguía con aquela manía, el fixo o caso dos bobos. Así que sistematicamente e na contra de todo normativa establecida polo concello, pasaba olimpicamente do tema, ata o punto que como onde aparcaba todo aquilo era como terra de ninguén, posto que os donos das mesmas vivían por terras afastadas, que mellor. Pero pasa a veces que un pode dar co dono do burro, e que o que non pasou ata o de agora, pode pasar xa. Así que aquel día ía a marcar no tempo algo para facelo diferente para Servando por moi arroutado que fose. Facía pouco que as comunidades autónomas facilitáranselles as ferramentas axeitadas para coller os que lixeiramente facían o que lles petaba, así pois aqueles gardas de monte ían de patrulla como tódolos días, pero desta feita levaban xa aquela cámara adaptada o todo terreo para cando eles quixeran deixaran inmortalizado a quen o quixesen oportuno. E mira por onde, foi naqueles intres de achegamento cando Servando ciscaba a bolsa para a gabia facéndoa voar coma se tal paxaro. Eles fóronse achegando moi a modiño ata que estiveron a súa altura para saudalo coa cortesía axeitada.
_Vos días teña vostede ¿ así que de pastor coas abellas? .
_Claro, os que non valemos para outra cousa- puxo o Servando.
_Tenlle que haber de todo no mundo- di o garda o tempo que lle pregunta- ¿e vostede non saberá quen deixa nesta gabia tanta desfeita? .
_E eu que ía saber- expresa o das ovellas como con medo.
_¿Podería achegarse? E que lle temos que amosar unha foto por mor se recoñece a que esta nela.
_¡Como non!
E cando o pastor da chegado, xa lle di con seguridade.
_¡Ai si, son eu, ¿pero como estou nesta foto?
_Cousas que pasan, e que estamos a estrear este trebello que nos deron na xefatura, así que dixemos, como non lle sacamos unha foto este bo home que esta a espallar desfeitas polos balados, así que limosa agasallar, pois nos xa nos quedamos coa copia¿ Non se decata de feito? Nesta levaba a bolsa na man, pero nesta outra xa a estaba a ciscala.
_Me cago no carallo, agora si que a fixen, por Deus non me fagan isto- pídelles o Servando.
_Ou sexa, que vostede ben sabia que estaba facendo mal, pero seguía.
_E que os do concello fanme pagar a recollida, e en protesta eu sigo coma antes.
_Pois por iso vanlle caer fora do peto coma tres mil euros de sanción por porco.
_¿Que me está dicindo? Iso non pode ser, eu non teño tanto carto.
_Ten, ten, que vostede ben que presume de cartos polas tabernas, e como llo digo. Pero isto non e todo, vostede vai a recoller todo o que espallou nestes recunchos ata deixalo todo limpo. Pero como no punto limpo do concello so se poden levar un volume o mes. Íraos degraendo pouco a pouco dende a súa casa onde debera levalo todo.
_Pero se eu non teño con que levar todo isto- trataba de espelirse do vulto o Servando.
_Si que ten, furgoneta e tractor. Nós sabémosllo todo. E non se demore moito que lle pode dar isto ata cos osos na cadea por delito ecolóxico, así que vostede verá de como arranxar esta desfeita.
_E que isto non o deixei eu so, aí máis veciños que me axudaron- trataba de desculparse.
_Pois delles a brasa ameazando con deixar o clareo os seus nomes, xa verá como dese xeito contribúen a obra.

Mandaba carallo o que se lle viña enriba das costas. Aquilo era como moito para el so, así que tería que botar man dos outros para desfacer aquel enguedello.

Aquele noite, Servando non puido durmir con xeito, pois fora un cotián pesadelo onde moreas de lixo anegaban as portas e fiestras da súa casa impedíndolle saír para fora e cando xa o conseguira case, un contedor puxéraselle diante abrindo e cerrando a súa tapa a velocidade de medo, dicíndolle:
_Sómola túa merda de tantos anos que ti mesmo abandonaches no monte, e agora vimos a afogarte ata sacarche a vida.
Servando conseguira meterse na corte das ovellas, pero ata estas falábanlle:
_Ponte diante dela, non fachendas de ser tan valente diante da xente, pois faino agora diante do lixo.
Espertou moi cediño anegado de suor.
Moi na contra do que pensara pola noite, se todo aquilo fora unha broma dos axentes e pasar daquelas fotos de merda que non serían para tanto, agora xa pensaba de outro xeito. Todo aquilo semellaba como un meigallo, así que poría mans a obra de contado para tentar recoller as desfeitas de todo un lustro.
Dende este conto, quixérase salientar de que respiran polos recunchos de sabe onde, varias ducias ou centos, quizais miles de Servandos obrando de tal xeito. Así pois, non estaría por demais de facilitarlles as ferramentas axeitadas a quen competa para que os vixiantes do medio, cheguen tamén as veiras, que para que algúns destes eviten que se siga estragando o beleza desta terra que os nosos antergos deixaron ben limpa, xa fose por obriga da necesidade, pois ai a quen non importa deixar alegremente unhas neveiras o pe da ribeira,latas da gasolina, ou outras trangalladas. E que ninguén tome nota de isto e investigue e de delito. Aínda que estes pensen que o mundo e de todos, pero tan so para emporcalo. Deste xeito todo se remexe a o cambio climático que está a acontecer, e que se o dono de nós que é este planeta, chegue a enfastiarse un día, pode que nos mande o carallo a todos sen remedio.

Fin

lunes, 2 de mayo de 2011

No Doctorado

E de reconocer  que aun no teniendo doctorado alguno relacionado con estas, no por ello dejo de hacer ciertas carreras con letras. De hecho no dejo de correr detrás de ellas, e incluso delante empujando ese útil el cual segrega esa materia de color llamada tinta. A de tenerse en cuenta que mi licenciatura queda ya como bastante lejana acaecida allá por la década de los sesenta  en las reales estancias del aire. Porque eran reales puesto que cuando me acerque a aquellos trastos metálicos como cuales pájaros voladores, bien pude comprobar que eran de verdad  y no de mentira. Puesto que en su panza se insertaban pilotos para ser tripulados, y aún a pesar de ser yo de tal milicia, jamás me dieron oportunidad de subirme a ninguno de  ellos. Tampoco me sentí frustrado por ello. Pero volviendo a la introducción de este contenido, yo soy quien de perder el culo por servir a las letras. Sí, es como una enfermedad incurable, las cuales me dan pocas satisfacciones, pero por veces me tienen fuera de ese acomodo, luchando con personajes ficticios y de invención propia que me hacen perder el sueño en ocasiones. Por tanto no tengo remedio. A unos les gusta el juego, el futbol, el tute, las codornices o la misma caza. Pero yo insisto en ello. Así que seguiré jugando con las letras, ahora de lo que estoy completamente seguro es  que jamás me tocara nada con ellas, puesto que no es un juego de azar si no de constancia y persistencia que no me conduce a nada. Pero es que yo debo de ser un raro espécimen.